Sobre o curso




Blog para o curso F1801007 organizado polo CFR de Ferrol e impartido por Begoña Codesal e Ana Mariño.
Outubro/Novembro 2018

TÍTULO DO CURSO:
As tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento no deseño de actividades integradas


OBXECTIVOS:
1.Realizar creacións audiovisuais propias empregando diferentes dispositivos e/ou aplicacións.
2.Deseñar actividades de aula cuxas producións sexan creacións audiovisuais que ten que realizar o alumnado en equipo e usando diferentes dispositivos e/ou aplicacións.
3.Publicar as producións construíndo o PLE e respectando as normas de convivencia e a lexislación vixente.

CONTIDOS:
1.A linguaxe audiovisual: creación de vídeo, podcast, imaxes enriquecidas...
2.Artefactos dixitais produto da linguaxe audiovisual (cómics, animacións, contos, infografías, carteis, libro electrónico, liñas de tempo, mapas mentais, música dixital, presentacións, realidade aumentada, robots, xogos..).
3.Emprego de apps que funcionen en distintos dispositivos.
4.Estruturas cooperativas para a posta en práctica na aula dos exercicios e as actividades.
5.Metodoloxía de traballo por tarefas. Estrutura de tarefas integradas e integración do currículo destas.
6.Publicación e difusión dos artefactos dixitais. Identidade dixital. Plataformas de publicación: redes sociais para a publicación de contidos (blog, redes de apps de vídeo, podcast, imaxes...).
7.Licenzas creative commons e copyrigth.


CALENDARIO:
6 SESIÓNS PRESENCIAIS TOTAL 20 HORAS + 5 HORAS NON PRESENCIAIS TOTAL 25 HORAS
- MÉRCORES 3 DE OUTUBRO
- XOVES 4 DE OUTUBRO
- MÉRCORES 10 DE OUTUBRO
- MÉRCORES 17 DE OUTUBRO
- XOVES 18 DE OUTUBRO
- MÉRCORES 7 DE NOVEMBRO


No hay comentarios:

Publicar un comentario