jueves, 18 de octubre de 2018

tour

Grupo Eume

Tour gastronómico e cultural pola ría de Ferrol

INFORMACIÓN SESIÓN 05

Empezamos lembrando o que fixemos na sesión anterior:







Vemos un vídeo no que Luz Beloso explica como utilizar a app StopMotion

Tamén vemos un pouco do titorial que fixo Manel Rives para o libro que elaborou xunto con Esther
Fernández "Competencia digital desde el Arte"sobre a app Garage Band.



Falamos da diferencia entre exercicio, actividade e tarefa, realizaremos a seguinte tarefa:

Elaborar un pequeno vídeo con música e imaxes creadas polos participantes de cada grupo para compartir no blog.
exercicios: enviar a fotografía ao correo do ipad, descargar as fotografías do correo ao carrete de fotos do ipad, xuntar as fotografías no editor de vídeo.

actividade: xerar una pista de música colaborativa coa app NodeBeat e exportala a imovie (e), xuntar fotos e sonido e xerar o vídeo, enviar por correo ao blog.

Compartimos os resultados.


FOTOS EN 360º

Seguimos aprendendo a facer unha foto en 360º esférica cos nosos dispositivos móbiles. Compartímola por correo e vimos cómo se podía usar para facer rutas ou paseos virtuais.



Despois fomos de expedición polo corpo humano. En concreto, polo sistema respiratorio grazas a Google Expeditions. Fomos quen de conectarnos a unha sesión guiada e descubrimos as diferentes aplicacións da app asi como tamén outras posibles expedicións que podíamos levar a cabo co alumnado.



A continuación saimos de viaxe sen saír da aula. Visitamos A Coruña mediante un Tour virtual en 360º. Foi un tour turístico e gastronómico.

Empregamos Tour creator de Google.





Tarefa: en pequeno grupo, crear un tour turístico gastronómico da localidade onde vives ou onde naciches.

Visualizamos os traballos. Os resultados están compartidos directamente polos equipos no Blog.

Descubrimos diferentes posibilidades de Google Earth que nos permite facer diferentes percorridos polo mundo en 360º. Nós descubrimos os lugares dos contos de fadas do mundo.


Rematamos a sesión Xogando un Kahoot sobre as diferentes apps que levamos visto. 






Street View Narón-Neda

RUTA A CORUÑA

Equipo 3