Blog para o curso F1801007 organizado polo CFR de Ferrol e impartido por Begoña Codesal e Ana Mariño. Outubro/Novembro 2018
jueves, 18 de octubre de 2018
INFORMACIÓN SESIÓN 05
Empezamos lembrando o que fixemos na sesión anterior:
Vemos un vídeo no que Luz Beloso explica como utilizar a app StopMotion
Tamén vemos un pouco do titorial que fixo Manel Rives para o libro que elaborou xunto con Esther
Fernández "Competencia digital desde el Arte"sobre a app Garage Band.
Falamos da diferencia entre exercicio, actividade e tarefa, realizaremos a seguinte tarefa:
Elaborar un pequeno vídeo con música e imaxes creadas polos participantes de cada grupo para compartir no blog.
exercicios: enviar a fotografía ao correo do ipad, descargar as fotografías do correo ao carrete de fotos do ipad, xuntar as fotografías no editor de vídeo.
actividade: xerar una pista de música colaborativa coa app NodeBeat e exportala a imovie (e), xuntar fotos e sonido e xerar o vídeo, enviar por correo ao blog.
Compartimos os resultados.
FOTOS EN 360º
Seguimos aprendendo a facer unha foto en 360º esférica cos nosos dispositivos móbiles. Compartímola por correo e vimos cómo se podía usar para facer rutas ou paseos virtuais.
Despois fomos de expedición polo corpo humano. En concreto, polo sistema respiratorio grazas a Google Expeditions. Fomos quen de conectarnos a unha sesión guiada e descubrimos as diferentes aplicacións da app asi como tamén outras posibles expedicións que podíamos levar a cabo co alumnado.
A continuación saimos de viaxe sen saír da aula. Visitamos A Coruña mediante un Tour virtual en 360º. Foi un tour turístico e gastronómico.
Empregamos Tour creator de Google.
Tarefa: en pequeno grupo, crear un tour turístico gastronómico da localidade onde vives ou onde naciches.
Visualizamos os traballos. Os resultados están compartidos directamente polos equipos no Blog.
Descubrimos diferentes posibilidades de Google Earth que nos permite facer diferentes percorridos polo mundo en 360º. Nós descubrimos os lugares dos contos de fadas do mundo.
Rematamos a sesión Xogando un Kahoot sobre as diferentes apps que levamos visto.
miércoles, 17 de octubre de 2018
SESIÓN 04
martes, 16 de octubre de 2018
SESIÓN 03
1. Presentación da app Green Screen. Esta app úsase para facer montaxes de fotografía ou video tendo de fondo unha tea verde.
Aqui están algunhas montaxes
3. Descubrimos a app Imovie e as súas posibilidades para editar videos. Editamos os videos con esta app.
4.- Visualizamos os traballos realizados por cada equipo con Green Screen e editados en Imovie.
Durante a breve pausa poidemos visualizar diferentes apps de AR, grazas as posibilidades do MERGE CUBE
Mr Body
Explorer
EQUIPO 1
EQUIPO2
EQUIPO3
martes, 9 de octubre de 2018
SESIÓN 02
Dinámica de reparto de anacos de papel de cores e cambio de formación dos grupos.
EMPEZAMOS COS EXERCICIOS
1. NUBE DE PALABRAS
Transformamos a estructura cooperativa "Folio xiratorio" en "Tableta xiratoria" e elaboramos unha listaxe de palabras temáticas por equipos.
Formamos as nubes de palabras.
Deseñamos o aspecto final.
Enviamos ao iPad de Begoña por AirDrop
Resultados:
Alternativas a Shapego: online WordArt
2. MAPA MENTAL
Decidimos unha temática na que podamos realizar un mapa mental e probamos a app.
Exportamos a versión definitiva ao carrete.
Enviamos o resultado por AirDrop
Resultados:
Popplet ten versión web.
3. AVATAR
Probamos distintas características dos distintos apartados
Decidímonos por un personaxe
Exportamos a imaxe ao carrete
Enviamos o resultado por AirDrop
Resultados:
Podes facer avatares con outras aplicacións como por exemplo:
4. DECORADO OU PAISAXE DE FONDO
Pensamos no lugar no que se atopa o noso personaxe e o debuxamos nunha páxina en branco.
Tratamos de utilizar distintas cores e distintos tipos de rotulador e trazo.
Compartimos con AirDrop
Resultados:
Ademáis dos exercicios falamos doutras utilidades que podemos ter e ideas do que podemos facer con estas apps.
ademáis das xa coñecidas impress e power point podemos utilizar presentacións de drive para traballar directamente online de xeito individual e colaborativo.
Hoxe coñeceremos un pouco máis algunhas cousas que podemos facer con KEYNOTE
- Diapositivas
- Texto, imaxe, audio, animacións
- Debuxo, cadros, formas
- Todo tipo de combinacións de todas ou algunhas
- ...
Algúns resultados:
TAREFA
Traballamos no deseño dunha presentación na que outro grupo teña que cubrila para realizar un traballo temático.
Para finalizar temos a aplicación Classkick que nos serve para enviar, recibir, calificar, correxir traballos do noso alumnado así como para saber moitas mais cousas do seu proceso de elaboración.
notas:
Nesta sesión tamén falamos da app e web Pixabay, onde atopar imaxes creative commons
Se descargamos algunha imaxe e a editamos en Keynote con formas( círculos,...) podemos crear diferentes fíos narrativos escritos ou orais. Neste caso escollemos froitas.
Probámola e vimos as súas posibilidades para repasar os diferentes sistemas do corpo humano.
SESIÓN 01
Comezamos cunha sesión adicada ás presentacións.
PRESENTACIÓN DO CURSO
Podemos ver obxectivos, contidos e calendario neste enlace.
PRESENTACIÓN DO MATERIAL
Presentamos os ipad e seguimos unha guía rápida de uso básico ;)
PRESENTACIÓN DAS RELATORAS
Begoña e Ana preséntanse utilizando a app Clips
PRESENTACIÓN DOS INTEGRANTES DO CURSO
As persoas participantes do curso están repartidos en 5 grupos, deben contestar ás seguintes preguntas:
- quen son?
- de onde veño?
- que espero deste curso?
1º a nivel individual e despois grupal en formato breve vídeo coa app Clips ao estilo das relatoras.
VISIONADO DAS PRESENTACIÓNS
As presentacións dos equipos están aquí.
Etiquetas:
clips,
presentación,
sesión 1,
video
miércoles, 3 de octubre de 2018
Presentacións dos equipos
Aqui tedes os videos que fixemos hoxe na primeira sesión coa app Clips. Que vos parecen? A que son unha pasada?
Parabéns a todas e todos polo magnífico traballo.
martes, 2 de octubre de 2018
Presentación das relatoras
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)












